GRAN TOUR DE BEZOUCOS: DOMINGO 30, II ETAPA
Despois da actividade de onte e continuando coas andainas por Bezoucos, propoñemos a segunda parte do Gran Tour.
A idea e facer o percorrido dende o Polígono de Vilar do Colo até Chanteiro pola Ría de Ares.
Ás 09.30 horas, e de ter xente anotada para este servizo, haberá un autobús para levar á xente desde o aparcamento de Chanteiro (onde está o final da andaina) até a saída en Vilar do Colo.
Para planificar a loxística necesitamos saber, cando vos inscribades: ides necesitar praza no autobús?
Solicitamos que todas as persoas que participen e vaian facer uso do autobús, estean vacinados.
Hora de saída: 10.00 h.
Lugar de saída: Polígono de Vilar do Colo.
A data última de inscrición é o día 26/01 para non federados; soci@s federados aínda facelo até o 28/01 se aínda quedan prazas.
Límite de prazas: 35
Cotas*:
- Seguro para socios non federados: 3€.
- Autobús de balde para todos os soci@s do CMF.
- Non socios: 4€ seguro+4€ do autobús.
Percorrido do Gran Tour Bezoucos (no noso Wikiloc)
FICHA PROPOSTA ACTIVIDADE 220130 BEZOUCOS GRAN TOUR II (PDF)
PRAZAS LIMITADAS. IMPRESCINDIBLE INSCRICIÓN PREVIA.