Cotas e Vantaxes para socios/as (2026)

cotas-2026 (pdf)

COTAS e VANTAXES 2026

COTA DE ENTRADA (POR SOCIO/A): 12€*
*En cotas familiares, aboan entrada só os dous primeiros membros maiores de 18 anos.

COTA MAIORES DE IDADE: (Cota base: 6€/mes)

Cota trimestral: 18€

Cota semestral: 35 € (aforro 1 €)

Cota anual (so pago en oficina ou transferencia): 67€ (aforro 5€)

COTA MENORES DE 14 ANOS: (Cota base: 2,75€/mes)

Cota trimestral: 8,25€

Cota semestral: 15 € (aforro 1,5 €)

Cota anual (so pago en oficina ou transferencia): 30€ (aforro 3€)

Para causar alta, ten que ter un socio/a adulto de referencia

**No caso de cota semestral, a primeira vez cobrarase a parte proporcional até o fin de cada semestre. A partires de aí, cóbrase a cota por semestre natural.

 

COTAS FAMILIARES: (aqueles que comparten a mesma conta).

      2 socios/as – desconto 10% sobre as cotas.
3 socios/as – desconto 20% sobre as cotas.
4 ou máis socios/as – desconto 30% sobre as cotas.

 COTA DESEMPREGAD@S: 30€
Para socios/as con máis dun ano de antigüidade.
Amosando documentación acreditativa de estar en situación de desemprego no momento de renovar na Secretaría do Club.

 ACTUALIZACION ANUAL:  O incremento da cota será automático e anual tomando como referencia o IPC do ano anterior, redondeando os céntimos de euro da cota mensual ate o seguinte múltiplo de 5 (Ano 2024: 2,8%).

VANTAXES ECONÓMICAS:

EN SAÍDAS: Que non estean xa bonificadas, e pagando no local ou transferencia previa:

         2 socios/as – desconto 10%.
3 socios/as – desconto 20%.
4 ou máis socios/as – desconto 30%.

A participación de non soci@s dentro deste grupo descontará 5% c.u.

 

SE XA TES UN ANO DE ANTIGÜIDADE E A LICENZA DO ANO ANTERIOR POLO CLUB:

EN MONTAÑA:

LICENZAS

Maiores de 65: un desconto de 30€ en todas.

Infantís que dependan dun maior, socio/a federado/a no club (cun ano de antigüidade): a licenza federativa autonómica básica é de balde.

Actividade privada internacional: diferenza entre o custe da autonómica que non sexa subvencionada e a internacional básica, con actividade prioritaria deportiva a xustificar cunha breve memoria, foto e características da actividade.

INSCRICIONS

Cursos montaña (formativos, non de capacitación): 20% da matricula (EGAM – EEAM).

Competicións ou actividades de calendarios oficiais de Galicia como membros do club: a inscrición e o quilometraxe.

Fóra de Galicia: a inscrición.

Expedicións ou competicións no estranxeiro: a estudar, previa presentación do proxecto, sempre que se acuda como C.M.F.-A.A.

Xuvenís E Infantís:
Importe da inscrición en todas as probas nas que participen e a licenza no momento en que participen na primeira.

ORI/ RAIDS LIGA GALEGA OU NACIONAL e PROBAS INTERNACIONAIS:

A estudar, previa presentación da petición á directiva, sempre que se acuda como Club Montaña Ferrol – Alpinista Abrente.