ActividadesNoticiasRaids e Orientación

ORIENTACIÓN: COMEZAMOS A TEMPADA

Pouco a pouco despois de case dous anos sen poder facer moito é de supoñer que este ano poderemos voltar case ao 100% de actividade en Orientación.

Así que, aínda que o ano pasado de xeito modesto os nosos compañeiros do mapa e o compás andiveron correndo por Galicia adiante, este ano faranno con máis gana aínda!

Xa podes solicitar a licenza federativa, e comezar a tirar de mapa para atravesar eses montes nosos… consulta o CALENDARIO FEGADO 2022 (PDF)