ActividadesNoticiasSendeirismo

O MELLOR DO CAMIÑO A TEIXIDO

O domingo 26 de xaneiro imos desenvolver unha nova actividade de sendeirismo, desta volta probaremos un formato diferente ao que é habitual… a vosa colaboración é imprescindible para ver como resulta!

A idea é facer un percorrido a pé seguindo o trazado do Camiño a Teixido, o mesmo que mantivemos ao longo dos 15 anos que durou a marcha dos 50 km a pé entre Ferrol e Teixido, pero facendo tramos discontinuos, para  evitar as zonas máis degradadas do camiño, concentrándonos naquelas partes máis agradecidas para camiñar e para deter a botar unha ollada aos lugares de interese que hai nesta ruta.

En total serán catro tramos antes de comer, que iremos enlazando co bus. Despois da parada para a comida, faremos o tramo entre Candales e Teixido, onde estará o bus para regresar a Ferrol.

Tedes as estimacións de tempos e a descrición dos tramos neste arquivo (PDF)

  • A distancia total dos tramos serán uns 23.6 km
  • Hora de saída: 09.00h
  • Lugar de saída: rúa Navegantes (Fronte o Instituto de Canido)
  • A data última de inscrición o 22/01 (soci@s federados o 24/01 se quedan prazas)
  • Límite de prazas: 50

Cuotas*:

  • Soci@s anteriores a 30/12/2019 e federados: 10€
  • Soci@s anteriores a 30/12/2019 e non federados: 13€
  • Soci@s despois do 30/12/2019: federados 18€
  • Soci@s despois do 30/12/2019 e  non federados: 21€
  • Non socios: 27€

*Se se aboan no bus, terán un incremento de 2€