MARCHA NÓRDICA POR A CABANA E SENDEIRISMO POLOS MONTES DE SAN XURXO
Despois da subida a Chamorro do día 1 e a tapa de callos, vos propoñemos, continuando o calendario dúas actividades:
1/ MARCHA NÓRDICA (Sábado 11 de xaneiro)
Unha actividade de marcha nórdica, de aproximadamente 1 hora polo entorno da Cabana.
- Hora: 10.00h
- Lugar: Local social da Cabana
- No club temos 4 pares de bastóns de marcha nórdica por se algún soci@ se quere animar
- Imprescindible anotarse previamente.
2/ MONTES DE SAN XURXO (Domingo 12 de xaneiro)
Para empezar o ano, unha andaina de mañá polo entorno de San Xurxo, dando unha volta polo entorno natural dos Montes en Man Común do Pinar de San Xurxo.
- Hora: 10.00h
- Lugar: parte alta do aparcamento da Praia de Doniños
- Distancia: 9 km aproximadamente
- Imprescindible anotarse previamente
- Socios de balde e non socios 3€