ActividadesNoticiasSendeirismo

MAGOSTO DO CLUB

Un ano máis celebramos o tradicional MAGOSTO do Club no Muíño da Barcia (nas inmediacións do río Belelle) o vindeiro domingo 27 de outubro, grazas á xentileza da Asociación Micolóxica Viriato.

Para os que queiran ir a pé quedamos á 13.00h na Igrexa de Santa María de Neda (3 km) e para os que vaian directos, ás 13.45h no Muíño.

O Club pon empanadas e castañas, viño, café… e cada un leva a súa comida.

A volta a fará cada un como queira.

Só para soci@s e invitad@s (se alguén leva un acompañante terá un custe de 3€).

IMPRESCINDIBLE INSCRIBIRSE PREVIAMENTE
SE VAS TOMAR INICIO NA ANDAINA DESDE SANTA MARÍA DE NEDA OU SE PARTICIPAS NA ANDAINA FOTOGRÁFICA BODEGÓN DE OUTONO, INDÍCAO NA INSCRICIÓN

Aparcadoiro:
Hai un  lugar habilitado para aparcar despois do Pazo de Isabel II. Unha sinal indica que non se pode continuar en coche dende alí, así que non se pode  pasar ata o Muíño se non estás autorizad@.