TALLER DE ESCALADA NO ROCÓDROMO
O Club de Montaña Ferrol, coa idea de favorecer a aprendizaxe da escalada dun xeito continuado, e coas limitacións da instalación municipal da Malata na que só se pode usar a zona de Búlder, convoca aos socios e socias interesadas en participar no Taller de Escalada que estamos a armar.
Os requisitos para formar parte do grupo son estar federad@ e ser soci@
Crearanse dous grupos por idades:
- De 10 a 16 (mércores de 18 a 20h)
- De 16 endiante (mércores de 20h 22H)
As características dos mesmos serán:
- Os grupos terán un máximo de 10 participantes.
- Para participar nun grupo é requisito imprescindible estar federad@e ser soci@. Ademais hai que entregar a solicitude correspondente.
- Quen se comprometa a participar nun grupo ten a obriga de acudir a miúdo, ou darse de baixa para deixar praza libre.
- Os nenos e nenas teñen que ter un soci@ adulto con eles nos momentos da práctica.
- Os maiores poderán participar no grupo un máximo de 6 meses e os rapaces un máximo de 1 ano.
- É necesario ter participado en, alo menos, 2 xornadas de iniciación previamente.
- A participación no grupo de escalada é gratuita.
Esta actividade do club, pode estar suxeita a cambios por cuestions organizativas.
CONTACTADE COA SECRETARÍA DO CLUB PARA FORMALIZAR A PARTICIPACIÓN NO TALLER
PS: E se aínda non o viches, mira este vídeo onde Ana e Javier, os monitores, comparten de forma práctica os fundamentos da escalada deportiva para o programa Activa2 de La2 de TVE: