PODIUMS NO CAMPIONATO GALEGO DE MTBO

Esta fin de semana finalizaba a liga Galega de Orientación en bicicleta de Montaña na península do Barbanza. Porto do Son foi o escenario das dúas últimas probas da tempada, que ademais eran o Campionato Galego de MTBO 2019. O Club de Montaña Ferrol estivo representado por Silvia López, Adrián López, Moisés Vergara e Antonio López.

A proba da mañá foi unha MTBO longa polas ladeiras do Monte Tahume. Terreo cunha xenerosa rede de camiños e pistas de regular ciclabilidade e desnivel medio, que requiría dunha atenta lectura do mapa. Pola tarde, a competición desprazouse ao Camping de Cabeiro para disputar a proba de sprint. Carreira rapidísima e moi divertida, con pouca esixencia de orientación.

Como resultado da xornada, tres dos catro representantes do Club acadaron posicións no podio: Moisés como 1º clasificado en Senior  M-21, Antonio como 2º clasificado en Veteranos B M-50, e Silvia como 3ª clasificada en Cadete F-15. Adrián debeu de conformarse cunha meritoria 4ª posición, tras abandonar na proba matutina.

Parabéns a tod@s eles!