ActividadesFotografíaNoticias

ANDAINA FOTOGRÁFICA: BODEGÓN DE OUTONO

Comezaremos cunha andaina a baixo ritmo pola contorna do río Belelle, apañando follas, castañas, noces e outros froitos e pequenos refugallos improvisaremos o noso bodegón ou natureza morta. Xa de volta, e utilizando como estudio o Muíño da Barcia, practicaremos a iluminación con luz natural e artificial. Non é preciso ter coñecementos previos de fotografía, só tes que traer algún trebello con cámara (móbil, compacta, reflex, etc.)

  • Data: Domingo 27 de outubro
  • Hora de saída: 10.00h (remate antes das 14:00h, para ir ao MAGOSTO DO CLUB)
  • Lugar de Saída: No aparcadoiro disuasorio habilitado no camiño da Fervenza, nas inmediacións do Pazo de Isabel II no lugar do Roxal (Neda)
  • Límite de participantes: 15 persoas
  • Distancia: 3-5 km aprox
  • IMPRESCINDIBLE INSCRICIÓN PREVIA
  • Soci@s de balde

ATENCIÓN, SE VAS PARTICIPAR NA ANDAINA FOTOGRÁFICA E NO MAGOSTO DO CLUB, INDÍCAO AO INSCRIBIRTE