Circulares

Circular Febreiro 2004

DA GRAÑA Ó ACONCAGUA
Xa sabedes que Carlos G.Bra, estivo este mes de xaneiro xunto co leones Jose Manuel Fernandez no Aconcagua, por problemas de aclimatación e un tempo con tempereaturas de ate 30º baixo cero Carlos non pudo chegar o cume, pero si chegou Jose Manuel que portou o noso logo ate o mais alto de América. O pleno non foi total, pero sacamos unha experiencia: o licor de guinda da Graña non perde propiedades coa altitude. En breve poñeremos as diapositivas da ascensión

Jose Manuel en la cumbre del Aconcagua

1º DE ANO
O primeiro de ano foi un exito pese a choiva, e o principal, que era empezar o ano camiñando e ademais cunha tapa de callos no clube de remo. O ano que ven ¡MAIS

ESCUDO – CHALECO
EPor fin temos o logo bordado, a 2’50 € (se tedes pesetas tamén as aceptamos 500pts), todos aqueles que teñan conta de correo, e reciban toda a información por ese metodo, polo aforro que supón o non enviar por correo ordinario, poden recoller ún de balde

CUOTAS
As cuotas actualizaronse co IPC como todos os anos, así que se subeu 10cts ó mes os maiores e 5 os menores de 14, aqueles que queran pagar todo o ano nunha soa cuota, gozaran de un desconto, mais información en secretaria

ANCARES
A nosa visita a esta serra sempre foi de fin de seman, pero cada vez hai mais problemas no albergue, así que este ano iremos so o sábado 14, con ida e volta no día. A idea é ir a Piornedo e facer unha marcha para todos os públicos, con ascensión para os mais potentes ó Mostellar, a saida será cedo e a volta a final do día

TRAVESIA POLA CORDILLEIRA CANTABRICA
Esta actividade a adiantamos para o fin de seman do 6, 7 e 8 de febreiro. Se partirá da Cueta (Babia -Alto Sil), polo que a inscripción esta aberta.

PESETAS
Como sabemos que ainda quedan pesetas por ahí, todos aqueles poden facer pagos na secretaria do clube (mel, material fotografico, saídas, logos bordados, metopas de cerámica, etc).