Circulares

Circular Setembro 2003

Despois deste verán, empezamos de novo as actividades e a marcha no clube, temos moitos temas en carteira e esperamos ir sacando adiante moitos de eles

IMOS FALAR DE:

  • VINDEIRAS ACTIVIDADES
  • ACTIVIDADES 2004
  • LIBROS NOVOS
  • SENDEIRISMO:CARAVACA DE LA CRUZ, AMES
  • MARCHA DE ARES
  • CUADERNOS AULAS VERDES
  • VENTAS VARIAS
  • SI TES E-MAIL . . .
  • FOTOS SAN ANDRES

VINDEIRAS ACTIVIDADES

  • 21 e 28 de setembro: Marcha dos Arrieiros
    Como non saíra, no mes de xullo decidimos facelos en dous fins de semán seguidos agora en setembro, así que iremos cara o norte dende As Pontes, duas etapas faciles de levar As Pontes – Faladoira; Faladoira Estaca – de Bares
  • Sabado 27: Marcha de Cabanas (prg45)
    O sábado pola tarde iremos a percorrer a costa e subiremos ate o Pico do castro, merece a pena, remataremos, como ben sendo habitual disfrutando dunha tarde de sábado por Cabanas adiante
  • Domingo 5 outubro: Marcha de Ares (SENDARES)
    Sabedes que a marcha se sunspendeu porque caía a auga a chuzos, pero os amigos de Ares non se arredan e voltan a as andadas, e teñen previsto ensinarnos o sendeiro que trazaron. Todos aqueles que se queiran apuntar poden face-lo no servicio de deportes do Concello de Ares. Temos a información no clube.
  • Domingo 12 outubro: San Sadurniño (PRG47)
    Ainda que cabe a posibilidade de cambeo de data, en principio o percorrido deste sendeiro deseñado e marcado por nos.
  • Domingo 19 de outubro: Río Mandeo – Río Cambas
    Como alternativa a marcha do GR50, que xa a realizamos, os responsables desta actividade cambean a ubicación e propoñen un percorrido por terras betanceiras
  • 25 e 26 de outubro: Serra do Caurel.
    Quedaremos no refuxio da Seara, e para o domingo temos previsto a Devesa de Paderne, que xa o fixemos cas Aulas Verdes na primaveira, o descenso da beira do río Pequeño, vai a ser un espectáculo de colorido outonal

PUBLICACIONS:
Chegounos un folleto de senderisimo do concello cercano a Santiago: Ames e outro de Murcia da zona de Caravaca, cunha rede de sendeiros cara ó santuario

AULAS VERDES
Estamos a piques de escomenzar outra temporada, imoslle dar outro contido, sobor de todo as saidas de fin de semán que serán mais indicadas para adultos, e potenciar as saidas dun día a Ancares para escolares.
CADERNOS das aulas verdes: temos catro publicados: Mamiferos, Arbres, Xeoloxia e Patrimonio, todos aqueles que os desexen non teñen mais que pasar polo local ou chamar por telefono para que llos remitamos por correo.

VENTAS

  • Lembrade que ainda nos quedan 4 BASTÓNS con amortiguación no clube.
  • Por cambio de TELEFONO do clube, vendemos o inalámbrico, con pouco uso por mil duretes.
  • MEL: un artesano amigo do clube, e con casa ó pe do Mosteiro de Monfero, xusto no sendeiro GR50, nos ofrece “Mel de Monfero”, con todo tipo de garantía, e para ser para nos a un precio “social”, pasate polo clube se estas interesado.

NOVOS LIBROS

  • Guía montañera de Maladeta – Pirineos
  • Posets y Maladeta Parque natural
  • Vida sobre esteril – A Mina de Endesa

LEMBRA
Se tes correo electrónico as circulares te chegarán moito antes. Ademais da cantidade de información que nos chega ó clube por esa vía, tamén a reenvíamos, e por riba aforramos cartos.

Se sabes de alguén que queira recibir información e que non sexa socio, podesnos remitir o seu enderezo electrónico.

As fotos dos 50 kms de San Andres, están na páxina WEB

Se tes e-mail e ainda non o pasaches ó clube, acórdate que a información chega antes.