Circulares

Circular Abril 2004

A primaveira chegou e o sangue altera

Así que eiqui estamos de novo coas actividades seguintes:

Empeza AULAS VERDES como podedes ver nos folletos que vos remitimos.

SAIDAS CORTAS
Polas tardes de algúns sábados imos lanzar esas saídas cortas polo entorno percorrendo os sendeiros de pequno percorrido.

18 DE ABRIL
Tíñamos pensado ir ós montes de Guitiriz, pero imos facer de novo o percorrido de Monfero no que tanto choveu, pola zona de Lagares e Pena Fesa, é de supoñer que desta volta, non este de novo esperándonos o diluvio universal.

24 E 25 DE ABRIL
Un ano mais iremos a Serra do Xurés, de facer bo tempo subiremos ate a Ermida da Aparecida e ate o Pico de Santa Eufemia, que ten unha visión impresionante sobre todo o val do Limia.

1 E 2 DE MAIO
A travesía pola Serra de Ancares que tíñamos prevista para o fin de semán seguinte, adiantamolo porque o sábado 1 e festivo e así da mais tempo a aproveitar. Cabe a posibilidade de sair o venres 30, o certo é que se levaría todo e se dormiría arriba na serra. Estamos pensando de sair dende o porto do Portelo, ascender ó Penarrubia e dende alí seguir hacia o norte.

ESCALADA
Xusto despois de Semana Santa, imos lanzar algún curso de escalada no rocódromo, será de fin de semán con duración de 10 horas.

CURSOS GALICIA
A Escola Galega de Alta Montaña, tamén ten en marcha un de escalada en rocha e outro de orientación, mais información no clube

Tarxeta federativa
Se a alguén que a tivera pedida non lle chegou, que se poña en contacto coa secretaria do clube.