NoticiasPublicacións

CAMIÑO INGLES: XA O DIXEMOS HAI 14 ANOS

   Diante do anuncio de obras para protección do peregrino na zona de Laraxe (Cabanas), o club de montaña dirixiuse ao alcalde para lembrarlle que xa nas alegacións presentadas no 2012 polo inaudito cambio de traza, argumentado nuns supostos camiños reais deixando ao carón a zona de muíños e batanes, así como San Martiño do Porto, xoia renacentista do S.XV onde as haxa e a capela da Magdalena así como todo o areal e piñerial, en cuxas inmediacións se celebraba a tradicional feira do Oito, e xa daquela advertíase do perigo de ter que atravesar 3 veces a N651.

A maiores atopase unha “alternativa”, que incrementa en 1.5km o itinerario, cun desniveis positivo e negativo potentes e gratuítos, sen achegar nada ao que é o camiño, e o que é peor: non aparece en ningún sitio dixital, polo que os camiñantes non o fan.
Incongruencias que se realizan desde despachos onde só se mira o google earth, e písase pouco terreo. O de sempre vaia!

alcalde CABANAS CAMIÑO INGLES