NaturezaNoticias

EOLICOS SI, PERO NON ASI: Moeche caeu

O levamos decindo, nos que camiñamos os montes, que non se trata de poñer muiños en todos e cada un dos montes das nosas serras.

Haberá que ver primeiro cales son eses sitios interesantes que nos interesa conservar, cales son os intereses das xentes que ali viven, e cales son as consecuencias de montar un eólico (pistas, cimenteos, vías de evacuación eléctrica, etc), e ollo que está por ver como se vai recuperar todo cando o parque se peche.

Por outra banda xa se ve, que non veñen a abaratar o custe da luz, se levantan con subvencións que pagamos todolos europeos, pero ingresar, ingresan os de sempre. Creazón de emprego? casi cero dende que pecharon as fábricas de palas en Galicia.

E da eólica mariña a nos non nos toca, pero xa vedes como está o asteleiro de Fene. Vaia, moita carga demagóxica.

E cando hai tribunais que os aprazan, pois se cambian os maxistrados por outros, en fin.

Dun bo lote que se lanzaron, moitos quedaron polo camiño pola propia definición, o de Ferrol quedou xa hai tempo, e o Día Mundial da Montaña do ano 2022 celebramolo en MOECHE. Onte publicabase que o TS tumbaba o proxecto.

Nos aportamos o noso grao de area, porque insistimos: Eolicos si, pero non así!

COMENTARIO DA SENTENZA – PODER JUDICIAL