SENDEIRISMO BEZOUCOS NORTE: BARALLOBRE-CHANTEIRO (27 ABRIL)
Sen dubida a costa sur da ría de Ferrol, é un lugar estupendo para camiñar a pouco que veña bo tempo. Houbo algún recén chegado a este mundo que pensou que o monte era del. Mais, despois de 50 anos camiñando por aí, non vai haber ninguén que nos diga por onde non camiñar… Así que o vindeiro domingo, 27 de abril, animádevos a ir á outra banda para andar o treito entre Barallobre e Chanteiro do noso percorrido pola península de Bezoucos. Máis info sobre a inscrición na ficha de actividade:


