Noticias

RECOÑECEMENTO DO CONCELLO POLOS 50 ANOS DE HISTORIA DO CLUB

Xa hai anos que non participamos da Gala do Deporte, por razóns que a quen quera se lle explica, pero este ano recoñecen os 50 anos deste deporte nesta cidade, pois aló por fins do 1974, nun sitio tan cercano á casa do concello como é o Caleixón das Hortas, nacía este entidade que co tempo recolleu tamén as andanzas da aquela asociación alpinista que naceu a finais do ano 1935.

Quen quera estar no Auditorio de Ferrol, en Caranza, o martes 22 de abril, só ten que pasar pola billeteira do Teatro Jofre para retirar as invitacións (horario da billeteira, de martes a venres de 11.00h a 13.00h e de 18.00h a 20.00h.).