ActividadesDestacadoNoticiasSendeirismo

SENDEIRISMO: O MELLOR DO RÍO BELELLE ESTE OUTONO

ATENCIÓN! ESTA ACTIVIDADE QUEDA ADIADA POR MOTIVOS METEOROLÓXICOS

Este domingo 29 de outubro voltamos ao río Belelle, a nosa «Corrente de ideas» que fixemos durante 15 edicións como unha marcha na primavera. Aproveitaremos a ocasión para ver este roteiro coas luces do outono.

Non queremos esquecernos deste marabilloso roteiro que abrimos aló polo 2006, e seguiremos o que queda das frechas azuis e brancas do sendeiro desde o Gallel (As Pontes) até a área recreativa de Maciñeira en Neda, pasando por Pena Lobeira, Xasén, A Ponte da RAmalluda, Cabalar, Formariz, San Marcos e A Fervenza.

Trátase dunha andaina de dificultade media e esforzo medio. A distancia son uns 20 km aproximadamente.

Os participantes chegaran polos seus medios ao lugar de saída, na explanada do Colexio de Maciñeira, no Roxal (Neda) [UBICACIÓN]. Desde alí iremos en autobús até Goente para tomar a saída e volver seguindo o río até a area recreativa de Maciñeira.

IMPRESCINDÍBEL INSCRICIÓN. DATA LÍMITE: 27/10/23

Os prezos serán:

  • Socios (anteriores a 01/01/23) federados: 8€.
  • Socios (anteriores a 01/01/23) non federados: 10€.
  • Socios (posteriores a 01/01/23) federados: 12€.
  • Socios (posteriores a 01/01/23) non federados: 15€.
  • Non socios: 20€

Anexamos a ficha da actividade con toda a información: FICHA PARTICIPACION EN ACTIVIDADE 231029 Belelle o mellor do río