ROCODROMO PECHADO… ERA VISTO
ATENCIÓN! POR CAUSAS DE FORZA MAIOR (INUNDACIÓN) AS ACTIVIDADES NO ROCÓDROMO ESTÁN SUSPENDIDAS ATA NOVO AVISO
A primeira choiva deste ano xa a liou. Estaban a facerse obras no campo de fútbol da Malata, e sempre que pasa, págamolo nestoutra instalación municipal… o mellor é que xa o tiñamos avisado: que non se podía cambiar un canalón a cachos, que había que facelo enteiro! Falamos dun anaco de chapa que custa poucos euros… o resultado é claro!