SENDEIRISMO: DEVESAS E SOUTOS DO CAUREL (7 DE OUTUBRO)
A nosa seguinte actividade será o vindeiro sábado día 7 de outubro, polas devesas e soutos do Caurel.
- SAÍDA: ás 08:00 h. O desprazamente será en autobús. A parada está fronte o Centro Cívico de Canido, na rúa Poeta Pérez Parallé. A duración da viaxe será de 3:30 h. aproximadamente de ida e outras tantas de volta.
- Trátase dun percorrido duns 15,5 km aproximadamente, de dificultade e esforzo alto.
- INSCRICIÓN OBRIGATORIA: última data para inscribirse 06/10/23 (salvo esgotar prazas).
Máis información:
COTAS:
- Non socios: 35 €
- Socios federados (anteriores a 01/01/23): 16 € // socios non federados (anteriores a 01/01/23): 20 €
- Socios federados (posteriores de 01/01/23): 22 € // socios non federados (posteriores a 01/01/23): 26 €