IMOS ALÓ! LIGA GALEGA DE SENDEIRISMO

Este 18 de setembro tocounos organizar a IV proba no calendario da I Liga de Sendeirismo da FGM, desta volta na comarca de Compostela, e máis concretamente no Val do Dubra. Así que até aló desprazámonos nun roteiro ao alcance de todo o mundo, e coa visita á fermosísima praxe da Fervenza do Rexedoiro.

Así comezamos o ano deportivo 2022-2023, de momento estamos á espera de que Concello autorice as actividades que tempos previstas para o Rocódromo, pero axiña lanzámolas, seguide con atención a nosa web e as nosas redes!