SENDEIRISMO: O MELLOR DO CAMIÑO A TEIXIDO
Despois de 8 anos sen facer os 50km a Teixido, pensamos que é bo facer de cando en vez algunha actividade, pois se alguén dinamizou ese camiño foi o Club de Montaña Ferrol, outros mentras…falan e falan!
O camiño tiña moitos tramos feos, asfaltados, e eucaliptizados, que con esta iniciativa, que saíu ben na súa primeira edición xusto antes da pandemia; tentaremos facer os máis interesantes, parando a mirar, cousa que nas marchas de longa duración non se podía facer na medida en que quixeramos.
O formato é diferente ao que estamos acostumados nas andainas de bus. A idea é facer unha andaina co Camiño a Teixido facendo os tramos mais interesantes e deténdonos a botar unha ollada aos lugares máis interesantes.
Consistirá en catro tramos antes de comer, e un despois, alternando os tramos camiñando e os tramos en autocar.
Para despois da comida deixamos o tramo de Candales a Teixido, onde tomaremos o bus para regresar a Ferrol.
Tedes as estimacións de tempos e a descripción dos tramos no arquivo adxunto.
- Cando: o domingo 27 de febreiro de 2021.
- A distancia total dos tramos serán duns 25 km.
- Hora de saída: 09.00h.
- Lugar de saída: rúa Navegantes (Fronte o Instituto de Canido).
A data última de inscrición o 25/02 (se quedan prazas).
Engadese arquivo explicativo da actividade
Límite de prazas: 40. Dado que cubriremos o 75% do bus solicitamos que tod@s @as participantes que teñan o ciclo completo da vacina. No bus é obrigatoria a mascarilla.
Cotas*
- Soci@s anteriores a 30/12/2021 e que se atopen federados para 2022: 10€
- Soci@s anteriores a 30/12/2021 e que non se atopen federados: 13€
- Soci@s despois do 30/12/2021 e que se atopen federados 18€
- Soci@s despois do 30/12/2021 e que non se atopen federados: 21€
- Non socios: 28€
*Se se aboan no bus terán un incremento de 2€