ActividadesNoticiasSendeirismo

O DOMINGO: A BRIÓN

Este domingo 20 de febreiro imos de paseo pola entrada da ría de Ferrol. En teoría varios dos muíños dun parque eólico irán na zona, o que marcará a paisaxe impoluta desta paraxe da Costa Ártabra.

Aproveitaremos o breve paseo da andaina matinal para coñecer as accións que están a desenvolver os compañeiros e compañeiras da Comunidade de Montes do Chá de Brión, u paso imos ver todas as accións que están a levar os compañeiros dos Comuneiros do Chá, un traballo que ata agora nunca se fixo por parte de ningunha corporación municipal, que so pensaron no lugar para plataformas loxisticas ou parque eólicos.

O domingo sairemos ás 10 da mañá desde o punto de reunión no Confurco, nas inmediacións da comunidade terapéutica de ASFEDRO, para gañar os altos do Coto do Gato e baixar cara San Cristovo e Cariño

Non require inscrición previa.

FICHA PROPOSTA ACTIVIDADE 220220 MONTES DE BRIÓN – EÓLICOS NON

…e a semana que vén…imos cara a Teixido!