GRAN TOUR DE BEZOUCOS: DOMINGO 16, I ETAPA
Como? …que non sabemos onde é Bezoucos?. Territorio historico onde os haxa!
Propuxémonos dar a volta a Península Sur da Ría de Ferrol, onde dan a man os concellos de Fene, Mugardos, Ares e Cabanas.
Son 45 km que imos facer en dúas xornadas, os domingos 16 e 30 de xaneiro. O punto de quedada é o aparcamento de Chanteiro, desde onde tomaremos un autobús para iniciar os percorridos desde Vilar do Colo.
O día 16 faremos o percorrido Norte, á beira da ría de Ferrol até o Segaño e finalizando en Chanteiro. E o día 30 percorreremos a beira Sur, pola ría de Ares até Coitelada, finalizando tamén en Chanteiro, completando así o perímetroda Península de Bezoucos, entre peiraos, restos romanos, castros e unha paisaxe envexable!