RUTA POLO BELELLE (DOMINGO 18 ABRIL)
OLLO: POR MOR DAS MEDIDAS COVID-19 ESTA ACTIVIDADE É SÓ PARA SOCI@S FEDERADOS, E UN MÁXIMO DE 6 PERSOAS SOCIAS NON FEDERADAS.
Trátase dunha andaina circular duns 14 km de percorrido que realizaremos en horario matinal.
- Distancia: unha ruta de maña duns 14 km.
- Saída: as 9.00 horas do Colexio Público de Maciñeira (O Roxal, Neda) https://goo.gl/maps/o9js6Ci59agbsQmR7
- Remate (estimación): a iso das 13.30 h.
Indicacións a ter en conta:
- Na saída, na chegada e en todas as paradas é obrigado o uso da mascarilla.
- En ruta, en actividade física deportiva, a distancia ten que ser de 2 metros no caso de non levar as vías respiratorias cubertas.
- Calquera dúbida terá que ser resolta a través dos protocolos Fisiocovid – da Federación Galega de Montañismo
IMPRESCINDIBLE INSCRICIÓN PREVIA. (Venres 16 último día).
(foto portada: Alfonso Manso)