NOVAS ACTIVIDADES NO ROCÓDROMO DA MALATA
Aproveitando a dispoñibilidade do novo panel no rocódromo municipal, principiamos unha serie de actividades de dinamización desta instalación, tanto para neófitos da escalada como para aqueles que xa participabades nas actividades periódicas.
- Martes 20 de abril. Iniciación
- Iniciación. Actividade para soci@s, federad@s maiores de idade.
- Horario: de 17.00 a 19.00 horas.
- Inscrición: aberta ata o luns 19 de abril (salvo que se esgoten as prazas).
- 6 prazas.
- Cota: de balde.
- Mércores 21 de abril. Xornada de Portas Abertas
- Portas Abertas para soci@s e non socios, adultos e nen@s (a partir de 4 anos de idade).
- Horario: en quendas de 19.00 a 20.00 horas, e de 20.00 a 21.00 horas.
- Inscrición: aberta ata o luns 19 de abril (salvo que se esgoten as prazas).
- Cota: de balde para soci@s federados, para soci@s adultos non federados: 3€; non socios: 6€; nen@s: de balde.
- Mércores. Taller de Escalada
- Retomando o tema que tiñamos anteriormente, para soci@s federad@s que xa teñan coñecementos. Sería fixo un día á semana (non hai actividade de Taller de Escalada a semana que hai Xornadas de Portas Abertas).
- Horario: de 17.00 a 21.00 horas.
- De 15 anos endiante. É preciso cumplimentar o impreso de participación. Para áis información e conformar grupos, contactade coa Secretaría do Club.
(Nota: Imaxe de portada de arquivo. As actividades desenvólvense aplicando os protocolos de seguridade COVID-19, pregamos a colaboraci@n de tod@s).