NaturezaNoticias

REUNIÓN DE ENTIDADES SOBRE O EÓLICO EN BRIÓN

O martes 16, máis de 20 entidades de todo tipo (deportivas, medioambientalistas, veciñais, etc.) convocadas pola asociación de mancomuneiros dos montes da Chá en Brión, analizaron as propostas que se empezan a ver sobre un parque eólico nos Montes de Brión, e tamén da Lagoa.

De súpeto, a enerxía eólica, da que somos excedentes, cobra unha importancia tal (para as empresas), que alí onde haxa un coto vai un muiño. Muiños de 200 m de altura (a catedral de Santiago ten uns 75).

Na serra do Forgoselo non vai quedar altura sen muiño, e no resto de Galicia van deceas de parques e centos de torres, importando nada nin a paisaxe (acaba a Xunta de sacar unha lei que obriga a pintar a túa casa dunha cor, pero non que che poñan unha torre de 200 m de alto á súa beira).

Trevinca, Caurel, Serra da Groba. etc. forman unha paisaxe desoladora chea de pistas  e torres de alta tensión. Quen enche o peto con isto? porque o recibo da luz… polo menos ao club non lle baixa!