Noticias

REUNION CLUB- ALCALDIA DE FERROL

O Alcalde de Ferrol, Angel mato xunto co concelleiro de deportes Antonio Golpe, mantiveron na o tarde do luns unha reunión, co presidente e secretario da entidade montañeira local, Xan Ramírez e Xandre Rivas. Reunión que se xestou na ofrenda floral da Batalla de Brión, feito que o club e a A. VV de Brión empezasen a realizar fai xa máis de 30 anos.

Ao longo de 2 horas se desmenuzaron temas interrelacionados cos campos de actividade da entidade deportiva, pois ademais do tema deportivo en si, trasversalmente, cuestións como medioambiente ou turismo ten moito que ver coa propia actividade do Club Montaña Ferrol.

O aproveitamento da Costa Ártabra, desde o punto de vista de percorridos, carreiros ou miradoiros como o proposto no seu día para a rotonda da Bailadora, son coincidentes en ter a entidade local e os concelleiros, na súa potenciación, así como na posibilidade de actuacións brandas e respectuosas coa contorna, pero poñendo este en valor.

O Camiño Inglés tamén foi punto de atención, pois, aínda que os Camiños de Santiago, non son obxectivos do Club, pero o coñecemento do tramo da comarca, fai que saiban perfectamente das fortalezas e debilidades do noso trazado.

O potencial do Camiño de Teixido, obxectivo durante 15 anos do Montaña Ferrol, coa súa marcha anual e o seu desastroso estado, tamén foi comentado. Conceptos ambientais, turístico -naturais, así como unha nova política deportiva, mais participativa, foron temas desgrandos pouco a pocuo polos 4 participantes da xuntanza.