ActividadesNoticiasSendeirismo

ANDAINA POLOS MONTES DE EIXIL (CEDEIRA)

Estimad@s Soci@s, principiamos unha nova etapa, prantexando para o próximo domingo 13 de setembro unha andaina polos montes de Eixil (Cedeira).
A idea é comenzar a facer actividades pero respectando as regras COVID:
  • Os desprazamentos serán en vehículos particulares, baixo a responsabilidade de cada un.
  • O uso da máscara é obrigatorio na saída e na chegada.
  • Débese camiñar cos mais achegados, e tentar manter as distancias co resto do grupo (efecto burbulla).
  • Baixo ningún concepto se pode compartir material, comida, bebida, etc.
Temos un cupo de máximo 20 soci@s, a hora de saída é ás 10.00 horas desde o Castelo da Concepción.
IMPRESCINDIBLE INSCRICIÓN PREVIA