NoticiasSendeirismo

LEITO SECO DO RÍO EUME

Os nosos compañeiros de escalada que frecuentan as paredes do canón do río Eume, ante o aumento de persoas que se animan a camiñar pola zona trala fin do confinamento e sobre todo coa chegada do verán, alértannos da potencial perigosidade da ruta non oficial polo tramo do leito seco do río Eume entre a antiga central hidroeléctrica da Ventureira e o encoro do Eume que xestiona Endesa.

Nesta zona do leito do Eume, que estivo prácticamente seca durante moitos anos, tamén hai pozas onde a xente adoita chapuzar durante o percorrido… Tralas polémicas obras executadas na base do encoro onde cambiaron as canalizacións de desaugue, agora o caudal constante que verque no río multiplicouse por 5 e pode chegar a aumentar máis sen previo aviso, polo que a ruta polas rochas cruzando o río tal e como se coñecía desde a central até a presa é imposible facela e desde logo non se aconsella sequera permañecer por esta zona do río seco.

No encoro instaláronse sinais acústicas, entendemos que para alertar de aumentos súbitos do nivel da auga. Isto supón un grave perigo se alguén atrevese a percorrer estes tramos de difícil acceso e que carecen tamén en boa parte de cobertura de teléfono móbil en caso de emerxencia.

Canalizacións de desauge na base do encoro, largando o caudal.


Imaxes do tramo da ruta antigamente e  tal e como está agora.


Este pasito facíase agachado a través dunha cova, agora anegada e de paso imposible.


En liña vermella, estado actual.