Noticias

ULTRA TRAIL COVID-19

O noso compañeiro Juan Carlos Royan retouse a facer un ultra trail de 119 km en 24 horas, nun circuito arredor da súa casa no rural ferrolán.

Actualización Post-Trail! Tras acadar o reto, Juan Carlos enviounos unha mensaxe e algunhas fotos do antes e o despois, así o resume:

Todo bien, duro sobre todo psicológicamente: la noche, solo, circuito circular al que das vueltas. En lo físico si dijera que fenomenal mentiría, los pies doloridos pero sin heridas. Hoy tocó paseo y a recuperar.

O contador final quedou en 119,65 km, nun total de 18 horas e 40 minutos no que nos deixou unhas imaxes do antes, o durante e o fatigado e reconfortante despois. Non está nada mal eh!? Parabéns!


Hai uns meses vos contabamos o reto persoal que se marcara o noso compañeiro José Seco a partir do seu 75 cumpreanos: facer tantos quilómetros en bici como idade vai cumprindo, multiplicado por dous.

Agora desta volta, e coincidindo coa “desescalada” da corentena sanitaria, na que se van abrindo máis posibilidades para facer cousas nos espazos públicos -sempre co máximo respecto ás recomendacións de distancia, seguridade, etc.- recibimos información deste reto persoal que marcouse o noso socio Juan Carlos Royan:

“Buenos días, soy socio de vuestro club y como buen ciudadano he intentado llevar lo mas a rajatabla posible el confinamiento junto con mi familia. A lo largo de estos días he seguido paso a paso la evolución de esta pandemia que nos ha cambiado la vida, he visto cosas que nunca pensé que veria y he visto lo mejor y peor de la gente. Me quedo con lo mejor y por eso he decidido realizar en solitario el ULTRA TRAIL COVID 19”.

E así con estas, e aproveitando que vive no rural ferrolán, libre de restricións horarias para a práctica deportiva, Juan Carlos prantexouse dar 10 voltas a un circuito de 11,9 km arredor de Doniños e o piñeiral de San Xurxo, en total serán 119 km de percorrido, e marcouse un prazo máximo de 24 horas, nas que exprimirá as súas forzas, facendo ocasionais paradas na súa vivenda, que será o punto de orixe e chegada, e tamén de avituallamento ao longo desas 10 voltas para as que xa e desde aquí queremos enviarlle azos virtuais, os mesmos que el quere converter en agradecemento para todas as persoas que traballan contra a pandemia e para sair adiante na actual situación:

“Con ello quiero hacer mi particular homenaje a toda esa gente que tanto nos ha cuidado  en especial nuestros maravillosos sanitarios, pero también es mi  recuerdo a todos aquellos que nos han dejado y que en su gran mayoría no han podido tener la despedida que se merecían”.

E para ilo xa ten mesmo preparada a camisola especialmente serigrafiada para a ocasión. Comezará a correr o sábado 23 de maio ás 20.00 horas, e conta con finalizar o reto antes do domingo 24 ás 20.00 horas.

“Creo que es la mejor manera en que puedo homenajearlos, haciendo lo que mas me gusta”.

Se todo vai segundo o previsto e ten éxito, Juan Carlos quere converter esta actividade nunha conmemoración anual de lembranza, porque como el mesmo di: “no debemos olvidar”.

Moito ánimo!