SAN BERNARDO E SOCIOS DE HONRA
Despois do éxito dos 50 km da Costa Artabra o vindeiro domingo 23 de xuño celebramos o día de San Bernardo, patrón dos montañeir@s, no Curro do Forgoselo, a partir das 13 ou 13.30 horas.
Ademais acordouse nomear como socios de Honra do Club a Ángel Folgar, Maxi Rodríguez e Fran Canosa. Nos postres farémoslles unha pequena homenaxe entre tod@s.
O club pon o churrasco, algunha empanada, bebida e café, a maiores cada un que leve o que queira. Despois de comer, darase unha volta pola zona.
Actividade só para soci@s do Club, os acompañantes non soci@s deben abonar 3€.
E imprescindible apuntarse, para facer previsión de compra.
Lembra que tamén está aberta unha actividade de iniciación á fotografía o mesmo día no mesmo lugar, ás 10.00 horas.