ActividadesFotografíaNoticias

SAÍDA FOTOGRAFÍA INICIACIÓN NO FORGOSELO

O vindeiro domingo 23 de xuño, e antes da tradicional  celebración do noso patrón, San Bernardo de Menthon, celebraremos unha saída de iniciación á fotografía no Forgoselo.

Desta volta faremos a actividade algo diferente e máis divertida, para asimilar e practicar conceptos de composición fotográfica facendo un traballo de campo polos arredores do Curro do Forgoselo. Non é preciso ter coñecementos previos. Imprescindible levar algún trebello para captar imaxes (móbil, cámara compacta, reflex, sen espello, etc.)

  • Lugar: Curro do Forgoselo
  • Hora: 10.00h
  • Duración estimada: remate ás 13.30 h
  • Soci@s de balde
  • Menores de 10 anos teñen que ir acompañados dunha persoa adulta responsable.

Imprescindible inscrición previa.

COMO IR AO CURRO DO FORGOSELO?
Partindo desde As Neves (A Capela), para chegar ao Curro hai que coller o desvío cara Vilar de Mouros e Calzados . Aos 3,3 km chegamos a un cruce no que seguimos de fronte, pasamos pola Igrexa (na bifurcación pódese tomar calquera das dúas alternativas), continuando até Ameneiro; atravesamos un paso canadiense e chegamos a un portón metálico, aquí o camiño chega até o curro e está indicado nos sinais como “Lugar de lecer”. Coordenadas para GPS (en grados decimais): 43.467680, -7.999966

https://goo.gl/maps/Crw7A5EGESGQMV9w6