XORNADA DE INICIACIÓN Á ORIENTACIÓN EN A MALATA
O Club de Montaña Ferrol organiza unha xornada de iniciación á orientación o vindeiro domingo 17 de febreiro entre as 9:30 e as 12:30 na Malata, na zona exterior do Rocódromo.
Haberá tres percorridos: curto (infantil) medio (adultos) e longo (adestramento)
Cómpre inscribirse previamente antes do 13 de febreiro remitindo os seguintes datos:
- nome e apelidos completos,
- data de nacemento,
- número do DNI
- percorrido escollido (curto-infantil, medio-adultos, ou longo-adestramento).
Actividade de balde para soci@s do club. Non socios: 3€
Inscricións na Secretaría do club ou no correo electrónico: secretariacmf@gmail.com