SENDEIRISMO PATRIMONIAL: MONTE CAMPELO

Para o próximo domingo 10 de febreiro vos propoñemos unha andaina de Sendeirismo Patrimonial. “O Monte Campelo: importancia militar e mineira”.

A idea e facer unha andaina polas terras de Meirás e o Monte Campelo, con paradas explicativas sobre a importancia militar do enclave estratéxico do Monte Campelo e o aproveitamento mineiro da zona.

  • Hora de saída: 10.00h
  • Lugar de Saída: Aparcadoiro nas inmediacións do Hotel “A Roda” https://goo.gl/maps/8Ntbs99FQb42
  • Límite de participantes: 30 persoas
  • Distancia: 9 km aprox.

IMPRESCINDIBLE INSCRICIÓN PREVIA.

Soci@s de balde.