ActividadesMarcha NórdicaNoticiasSendeirismo

Queimar o turrón con sendeirismo e marcha nórdica

Para estes días de lecer e encontro coa familia e amizades propoñémosvos a nosa propia receita para rebaixar as calorías mentres gozamos das paisaxes da nosa comarca.

O xoves 27 de decembro faremos o percorrido circular da volta ao fondo da ría de Ferrol. Saímos ás 17.00 horas das inmediacións da pasarela peonil do Xuvia, fronte ao albergue de peregrinos de Neda. Non é preciso inscribirse, so hai que estar no sitio e hora indicados para comenzar a andar e queimar esas calorías de máis tan propias destes días festivos.

Para o venres 28 de decembro, e dentro da campaña de promoción da modalidade de marcha nórdica que estamos a desenvolver desde o club, pecharemos o ano cunha marcha, da man da instructora INWA Alba Graña. Para esta actividade é imprescindible inscribirse previamente.