Noticias

Escalada, Sendeirismo, Marcha Nórdica e Orientación para celebrar as festas

Para rematar este ano 2018 e comezar da mellor forma 2019, temos programadas unha morea de actividades que detallamos a continuación. Estade atentos a esta páxina e ás nosas redes sociais para obter máis información segundo se vaian achegando as datas das citas

ACTIVIDADES NADAL 2018/2019

  • 19 decembro PINCHO FIN DE ANO
    O mércores 19  ás  21.00h horas no local do Club teremos o noso tradicional pincho de nadal. Contamos con vós!

 

  • 23 decembro OBRADOIRO FOTOGRAFÍA DE PAISAXE – INICIACIÓN
    Quedaremos en Sillobre para subir até o Coto do Rei, no monte Marraxón, para practicar técnica fotográfica que podemos aproveitar nas nosas saídas de sendeirismo.

 

  • 27 decembro VOLTA A RIA, QUEIMAR TURRÓN
    Sendeirismo no fondo da ría de Ferrol. Saímos ás 17.00 horas das inmediacións da pasarela peonil do Xuvia, fronte ao albergue de peregrinos de Neda. Non é preciso inscribirse, so hai que estar no sitio e hora indicados para comenzar a andar e queimar esas calorías de máis tan propias destes días festivos.

 

  • 28 decembro INICIACIÓN Á ESCALADA NO ROCÓDROMO
    En horario matinal, temos dúas quendas, de 11 a 12 e de 12 a 13 horas, no lugar de sempre, no rocódromo do estadio municipal da Malata. Imprescindible inscrición previa.

 

  • 28 decembro VOLTA Á RÍA, QUEIMAR O TURRÓN: MARCHA NÓRDICA
    O mesmo percorrido do día anterior, pero desta volta practicando a marcha nórdica, da man da instructora INWA Alba Graña. Imprescindible inscribirse previamente.

 

  • 29 decembro ROGAINE NOCTURNA INOCENTES 2018 SAN SADURNIÑO
    Un dos pratos fortes da nosa programación de nadal, a carreira de orientación nocturna que este ano celebramos no concello de San Sadurniño, tes toda a información na nosa web, e ollo que as inscricións finalizan o 25 de decembro.

 

  • 1 xaneiro 2019 MARCHA ANINOVO MSF
    A tradicional subida a Chamorro do primeiro de ano, onde nos xuntaremos con ciclistas e corredores dos clubes deportivos de Ferrolterra. Despois subiremos polos montes de Balón para baixar ata A Cabana e desgustar os famosos callos cos que recibimos o ano. Os callos son de balde para os participantes, pero haberá un bote para recadar fondos para unha causa solidaria, nesta ocasión os fondos irán á oenegué Médicos Sen Fronteiras.

 

  • 4 xaneiro INICIACIÓN Á ESCALADA NO ROCÓDROMO
    En horario matinal, temos dúas quendas, de 11 a 12 e de 12 a 13 horas, no lugar de sempre, no rocódromo do estadio municipal da Malata. Imprescindible inscrición previa.

 

  • 11 xaneiro DIAPOS ISLANDIA
    Proxección de imaxes dos nosos compañeir@s sobre a súa experiencia en Islandia. Se queres viaxar coa imaxinación e escoitar unha chea de anécdotas curiosas, agardámoste no club montaña, na Rúa Coruña 102, 1ºD. Entrada libre.

 

  • 13 xaneiro CIRCULAR PONTEDEUME
    Sendeirismo por Pontedeume, avanzaremos máis información nos vindeiros días por este mesmo medio ou a traverso das nosas canles en Twitter e Facebook.

Para máis información e inscrición, por favor contactade coa Secretaría do Club no mail ou presencialmente/por teléfono no horario de Secretaría (luns-mércores-venres de 19.30 a 21.30 horas).

Pouco a pouco iremos actualizando os carteis das actividades: