ActividadesFotografíaNoticias

SAÍDA FOTOGRÁFICA POR A CABANA

Este domingo 18 de novembro botamos a andar pola zona de A Cabana para darlle outra volta a iso de facer fotografías ás cousas máis pequenas, iniciándonos na fotografía macro e os seus fundamentos, axustes básicos na cámara e no móbil e pequenos trucos para fotografar cousas miúdas como plantas, insectos, pequenos obxectos… Non é preciso ter coñecementos previos. Hai que levar cámara dixital (teléfono móbil, compacta, reflex, etc. coa batería cargada).

Hora de saída e lugar: ás 10.00h das inmediacións do local social de A Cabana
Duración aproximada da actividade: 4 horas.
Prazas: 15 prazas (menores con supervisión dun adulto)

Tríptico (PDF):