ActividadesNoticiasSendeirismo

Actividades para pechar 2017

Esta semana temos dúas actividades por partida doble para despedir o 2017 desfrutando:

QUEIMAR O TURRÓN

O xoves 28 e venres 29 de decembro propoñemos un paseo circular polo fondo da ría de Ferrol. Sairemos das inmediacións do albergue de peregrinos de Neda perto da pasarela peonil de Xuvia. Camiñaremos polo paseo de Xuvia, As Aceñas, O Couto, voltando pola ponte do ferrocarril e a ribeira de San Nicolás de Neda. Ao día seguinte faremos o mesmo percorrido á inversa.

Esforzo moderado, ideal para facer coa familia e amizades coñecendo este fermoso recanto da nosa bisbarra.
Para participar na actividade non é preciso inscribirse, tan só hai que estar ás 17 horas no punto de saída indicado.

ROCÓDROMO

Por outra banda os días 27 e 29 haberá iniciación á escalada no rocódromo, todas as prazas das 4 quendas están xa cubertas.

LICENZA FEDERATIVA

Se queres anovar ou obter a licenza federativa, pásate pola secretaría do club en horario de oficina ou contacta por correo electrónico para máis detalles.