ActividadesFotografía

Iniciación fotografía: “Mirar ao ceo”

O domingo 17 de xuño ás 10.00h propoñémosvos a última andaina de iniciación a fotografía desta tempada. Se o tempo se presta “miraremos ao ceo” e tamén voltaremos sobre conceptos e trucos que practicamos nas anteriores andainas. Non é necesario ter coñecementos previos nin ter asistido a anteriores sesións. Só hai que levar unha cámara (a do móbil, unha compacta, a reflex) e ter curiosidade…

A idea e facer unha andaina a baixo ritmo na contorna do Curro do Forgoselo, antes da celebración do San Bernardo do Club no mesmo lugar. Para quen queira acudir a ambas citas comunicádeo á hora de vos inscribir.

Hora de saída: 10.00h (remate antes das 14:00h)
Lugar de Saída: Curro do Forgoselo
Límite de participantes: 15 persoas
Distancia: 3-5 km aprox.
IMPRESCINDIBLE INSCRICIÓN PREVIA.
Soci@s de balde

COMO CHEGAR AO CURRO DO FORGOSELO?

Partindo desde As Neves (A Capela), para chegar ao Curro, hai que coller o desvio cara Vilar de Mouros e Calzados. Aos 3,3 km chegamos a un cruce no que seguimos de fronte, pasamos pola Igrexa (na bifurcación pódese tomar calquera das dúas alternativas), continuando até Ameneiro; atravesamos un paso canadiense e chegamos a un portón metálico, aquí o camiño chega até o curro e está indicado nos sinais como “Lugar de lecer”. Coordenadas para GPS (en grados decimais): 43.467680, -7.999966.