ActividadesMarcha NórdicaNoticias

Iniciación á Marcha Nórdica en Narón

Seguimos coa divulgación da Marcha Nórdica na nosa comarca, desta volta será nas inmediacións do mosteiro do Couto en Narón o vindeiro sábado 16 de xuño ás 10.00h… esta mañá presentamos a actividade na casa do concello:

“Que é a Marcha Nórdica? Este sábado despexaremos todas as dúbidas sobre esta disciplina nunha charla que terá lugar no local social do Couto, a partir das 10:00 horas, e na que participarán varios profesionais. O acto foi presentado esta mañá por Román Romero, concelleiro de Deportes, e Xan Ramírez, presidente do Club Montaña Ferrol”.

Se queres participar nesta actividade contacta co club, e non te preocupes polos bastóns, nós poñemos o material específico para a práctica.