Noticias

Sendeirismo: Costa Bezoucos 30km

O sábado 20 de abril realizamos a Andaina dos 30 Km da COSTA de BEZOUCOS, este ano cunha filosofía diferente e co percorrido ao revés que na edición de 2023. Tedes toda a información na ficha adxunta, por se vos interesa participar.

A participación está limitada a 50 persoas. É imprescindible inscribirse previamente ata o venres 19 de abril (sempre que haxa prazas dispoñibles).

Datos necesarios para a inscrición:

  • Nome e apelidos.
  • Número do documento de identidade.
  • Teléfono de contacto.

A cota para participar na actividade será de:

  • Socios anteriores a 01/01/24 federados: 12€.
  • Socios anteriores a 01/01/24 non federados: 17€.
  • Socios posteriores a 01/01/24 federados: 20€.
  • Socios posteriores a 01/01/24 non federados: 25€.
  • Non socios non federados: 30€.
  • Federados de Montaña non socios do CMF: tedes que enviar a licenza federativa e serían 28€.

Mediante ingreso bancario en (ABANCA): ES80 2080 0200 4630 4008 4038

Máis información: FICHA DE ACTIVIDADE: COSTA BEZOUCOS 2024 (PDF)