Circulares

Circular Nadal 2004

ACTIVIDADES

  • DIA 12 MUGARDOS – CHANTEIRO
    Tiñamos previsto facer un percorrido por Ares, pero o Concello de Ares pontenciou o seu sendeiro, así que decidimos facer o percorrido Mugardos-Montefaro-Chanteiro Saida as 11 dende o peirao de Mugardos, volta a iso das 17h.
  • DIA 1 CHAMORRO – VALON
    Como non, unha vez mais escomenzamos o ano andando, faremos o PRG23, é dicir, Chamorro, Valón, para rematar na Cabana, estamos xestionando o dos callos ó remate como o ano pasado , en colaboración co Club de Remo de A Cabana Saída as 11’30h na feira de mostras.

  • DIA 8 SUBIDA Ó MARRAXÓN
    Escomenzamos unha colaboración coa Concellería de Deportes de Neda, e así faremos unha cousa rapidiña, pola tarde do sábado, e volta Saída as 16h na casa das Palmeiras, frente ó Concello.

  • DIA 16 BELELLE ( A Capela)
    A parte superior do couce do río, atravesa muiños e incluso chega a desaparecer, canbeando de nome (Río Cuberto) Isto será todo o día, e hai que apuntarse na secretaría.
  • VENTAS VARIAS

  • LOTERÍA:
    Sabedes que xa queda pouca lotería (e iso que este ano fixemos mais) senon xa sabedes que “de oficio” xoga cada titular 15 cts por número.
  • BASTONS:
    Temos unha pequena remesa de bastóns a bo precio e están bastante ben de calidade.
  • MEL:
    Ainda que pareza mentira, isa colaboración que temos cun “mielomano” fai que xa levemos despachado mais de 60ks, ¿así que non debe de estar nada mal?


    GALA DO DEPORTE
    Este ano decidimos presentar como mellor deportista da especialidade ó compañeiro Carlos G.Bra, que intentou (ainda que non se deixou) o Aconcagua no mes de Xaneiro

    0’7% SOLIDARIO- ONG MENIÑOS
    Sabedes que no seu día, decidimos que este ano o noso modesto 0’7% das cuotas do 2004, fora para un proxecto educativo en Sudamérica que estaba a realizar a ONG MENIÑOS. Así o vindeiro día 20 os recibiremos as 17h no noso local, para que nos amplíen a información e reciban o cheque. Todos aqueles que querades saber mais deste proxecto, ou da ONG, non tedes mais que pasar por eiquei ou decírnolo

    PLATAFORMA LOXISTICA DE BRIÓN
    Sabedes que ese sitio olvidado, donde no seu día enterraon os celtas os seus mortos e donde nós levamos facendo dende hai 15 anos a batalla, está chamado a ser un polígono industrial. A nos, non nos parece ben, polo menos en tanto ainda estén polígonos como o de Fene ou Campolongo sen empresas, e este os proxecto de Valdoviño, Río do Pozo ou Leixa, en marcha. Se está a poñer un carro moi grande para uns bois que non se sabe se chegarán algún día. Cando falamos de desfacer unha zona natural , de encementar e asfaltar camiños e corredoiras e espacios naturais, en definitiva calidade de vida. Non vale decir “por si acaso”, Os postos de traballo tamén se crean mantendo zonas naturais vixiando contra os incendios forestais, prantando arbres e vendendo a madeira. Por todo isto a Directiva, pensa que ate que se demostre que iso se necesita, os “NOSOS” montes de Brión, que moitos coñeceron gracias a nosa “BATALLA”, deben ser a zona de esparcemento dos ferrolans, miradores, sendeiros, percorridos, fragas, etc. E nos poñemos como exemplo: somos un clube de carácter comarcal, o que é bo para Narón ou Neda, tamén o é para Ferrol, así que propoñemos, que a xente non se mire para os ombligos propios e que se vexa que mais alo do Ponte das Cabras, tamén ahí mundo.

    SOCIALIA
    Esto é unha páxina WEB que CAIXAGALICIA montóu para as asociacions,. Si traballades en algunha, é un sitio interesante, pois dan moita info. A finais de Xaneiro, vaise montar un congreso de asociacionismo de toda Galicia. Alí estará o Clube Montaña, se tedes experiencias ou queredes participar, poñedevos en contacto co clube, ou ben a traveso da páxina de SOCIALIA

    NOVO MATERIAL
    Acabamos de mercar, novo material, raquetas, tendas, cascos, material de escalada, etc, estamos a pleno funcionamento, aproveitate como socio.

    DOACION DE ORGANOS
    Saberedes que seguimos coa campaña de inscripción de organos, xa levamos mais de 20. Si queredes apuntaros, pasade polo clube ou chamade que vos remitimos o impreso

    TARXETAS FEDERATIVAS
    Como o ano pasado, todos aqueles que queirades a tarxeta federativa, no lo tedes que decir. De oficio non a imos pedir a ninguen, As pediremos en canto nos cheguen os impresos, xa sabedes que despois de xaneiro tardan mais en vir, así que si estades interesados chamade xa.

    ASAMBLEA XERAL
    Se convoca de xeito oficial a Asamblea Xeral Ordinaria para o día 17 venres, as 20’30h en primeira convocatoria, as 20’40 en segunda e as 21’45 en terceira, O local será o de sempre, que como sabedes está cerca do clube.
    A orde do día será:

  • 1) Lectura acta anterior.
  • 2) Informe do ano 2004
  • 3) Contas do ano 2004
  • 4) Proxectos ano 2005
  • 5) Confirmación Xunta Directiva
  • 6) Rogos e preguntas
    O finalizar a mesma faremos efectivo o nomeamento de dous socios de honra:
    ANDRES PEREZ GONZALEZ , que leva no clube desde os primeiros tempos, dende o 1977, e a día de hoxe, ainda que xa non moi activo nas actividades oficiais, segue a promocionar a montaña con verdadeiro cariño. Pero é que o nome do clube, o resalta dun xeito especial, e aproveita calquera lugar para facer campaña en prol da entidade
    AUGUSTO PEREZ ALBERTI, este socio catedrático de xeografia en Santiago, é o exemplo, e envexa do que todos quixeramos facer, Picos, glaciares, terras indómitas e demais aventuras, é o que tod@s @s montañeir@s, quixeramos ser. Ainda que pola distancia do seu traballo non podamos sair mais con él (que sempre é un luxo), mais que ser unha honra para él ser socio do clube, é unha honra para o clube, ter un centifico como él de socio
    A continuación, como xa é habitual faremos o tradicional PINCHO DE FIN de ano.


    NOVO POSTO DE TRABALLO
    Animador de actividades medioambientais e sendeirismo
    Abrimos un periodo de presentación de curriculums, ate o vinderio día 22 as 21’15h. O posto será cun contrato por duración de servicio. Serían 42 h ó mes, con alta na SS. durante o primeiro semestre do 2005. As tarefas serían de desenrolar determinadas actividades de senderismo e parte das saídas de Aulas Verdes, así como organización de temas do clube.
    Os curriculums, deberán incorporar, a ser posible experiencia no terreo de organización de saídas, desenrolo de actividades de sendeirismo e marcado dos mesmos, así como coñecemento medioabiental.
    Loxicamente o feito de ser socio tamén se terá en conta ainda que non será determinante.
    Dado as particulares características da plaza, a Directiva poderá deixar a praza sen cubrir.
    De todos xeitos a decisión da mesma será inapelable