Circulares

Circular Outono 2004

Agora que empeza o outono, e despois de esa Marcha cara a Compostela, dende Teixido, escomenzamos esta última etapa do ano, con cousiñas de outono e inverno.

COUREL 23/24
Para ese fin de semán está previsto ir ate o albergue de A Seara, e dende alí coller algunha castaña, e remontar ate o Pico Formigueiros Para descender ate Parada, pasando por enriba da Devesa da Rogueira.

AULAS VERDES 04

  • Chelo (30/10)
    A actividade mais próxima, dentro do capitulo de Aulas Verdes, será unha visita a unha zona coñecida polo clube, como é a desembocadura do Mandeo (Betanzos), remontando ate o Chelo. O nivel de dificultade e baixo, pois se irá a interpretar a zona de bosque de ribera.
  • Cospeito-Xistral
    A seguinte será unha visita a un humidal, seguramente o día 20 de Novembro.


    30 ANOS DE HISTORIA
    Este mes facemos 30 anos de historia, de eiqui a fin de ano, imos facer unhas cantas cousas, enviaremos unha circular onde se informará de todo.

    CALENDARIO 2005
    Estamos facendo o calendario do ano que ven, se tes algunha idea, avisanos.

    LOTERIA DE NAVIDAD
    Xa a temos. Pasate polo clube. Axudanos a vende-la

    CORREO ELECTRONICO
    Cada vez é mais a información que mandamos por ese medio, sobre todo aquelas cousas que son inmediatas, así que se tes correo dinoslo rápidamente (ademais podes recoller un logo bordado no clube)

    NOVAS REVISTAS NO CLUBE
    Dende hai pouco temos revistas novas no clube: CAMPO BASE, e unha especifica de senderisimo en Portugal e España: CAMINAR

    BIBLIOTECA
    Tamén mercamos libros novos, de Pirineos, Alpes e algun que outro sitio mais.

    CUADERNO AULAS VERDES
    Acabamos de publicar o de aves, e con este van 6. Se estás interesado pásate polo clube e vótalle unha ollada.

    CURSOS ESCALADA
    Nos vindeiros meses imos lanzar cursos para varias idades (maiores e nenos) ¡preinscribiros!

    FAITE DOANTE DE ORGANOS
    Dende o clube, imos demostrar unha vez mais que somos solidarios. Acabamos de poñer en marcha unha campaña de DOANZONS DE ORGANOS. Temos os folletos explicativos, e as follas de inscripción, so tedes que pasar ou pedi-lo por telefono que volo remitirmos. Logo os enviaremos a Oficina de Coordenación de Transplantes de Galicia