Circulares

Circular Xuño 2003

SAN ANDRES – 50 Km.
Con esta comunicación cerramos o ciclo de actividades de este curso. Como sabedes o plato forte é sen dubida a Marcha a San Andrés, o 14 de xuño, estaremos ahí neses 50 qms dende a praza de Armas ate San Andrés de Teixido. A inscripción está aberta, e esperamos pasar dos 200 inscritos.

SAN BERNARDO
O 22 de xuño celebraremos o San Bernardo cunha churrascada na Area recreativa do Forgoselo.
Aproveitaremos para facer duas cousas: remarcar o sendeiro, e facer unha PRÁCTICA DE ORIENTACIÓN (posiblemente completado con o venres pola tarde ¡APUNTADEVOS!).

CAMIÑO DOS ARRIEIROS
Por último o primeiro fin de semán de xullo, o 5 e 6 tentaremos de facer o Club Montaña Ferrol, en dous días dende As Pontes ate Estaca de Bares, durmindo en tenda no medio do camiño (as levaríamos nun coche).

ARES
En Ares sigue o programa, de actividade de Aire Libre, a charla de Miguel, para os que non a vichedes en Sargadelos, a podedes ver de novo alí o día 6 de xuño.
Por certo, a marcha de 30 kms de Ares prevista para o 22, cambiouse para este domingo 1 de xuño
Máis información.

COMPRAS Nos últimos tempos conquerimos a bo precio bastóns, que temos no clube a 11 € con suspensión e punta de vidia.
Por certo no super Lidl, hai linternas frontales de dous LEDS, de moi baixo consumo e longa duración