Rogaine Inocentes 2018

A carreira de orientación nocturna celebrada o sábado 29 foi todo un éxito de participación. Contamos cunha climatoloxía moi boa para estas alturas do ano a pesares do intenso frío, aquí tendes a clasificación da proba:

O pase de diapositivas require JavaScript.

No sitio web de FEGADO tedes toda a información sobre o Rogaine:

A nosa sección de Raids e Orientación despide o ano coa organización do Rogaine Inocentes 2018, carreira de orientación nocturna o sábado 29 de decembro de 2018, que desta volta decorre polo concello de San Sadurniño.

A proba, de carácter nocturno, celébrase entre as 18.30 e as 21.30 horas, decorrerá polos montes de Igrexafeita e Ferreira, con saída e meta do núcleo urbano de San Sadurniño.

Hai dous percorridos: curto e longo, cun tempo límite para ambas categorías de 3 horas, ademais hai un percorrido familiar polo centro urbano de San Sadurniño.

Trátase dunha carreira con base de orientación e estratexia, na que o percorrido é libre e secreto para os participantes, quenes teñen que determinar o percorrido uns intres antes da saída, a partir do momento en que reciben os mapas.

Os participantes compiten individualmente, anque admítese a progresión en grupo. Independentemente de como progresen na carreira, a clasificación é sempre individual.

Trátase dunha competición independente, non puntuable para ningunha liga FEGADO.

O mapa é desenvolvido específicamente para esta proba e segue a filosofía dos mapas para orientación a pé, anque sen presentar o seu nivel de detalle no tocante a vexetación, rochas, etc. É máis equiparable a un mapa de orientación en BTT.

Boletín 4 co material obrigatorio

Material obrigatorio para todos os participantes:

  • Chaleco reflectante.
  • Luz frontal con batería de respeto.
  • Teléfono móbil (os números da organización impresos no mapa).
  • Chuvasqueiro ou cortaventos (pode anularse a obrigatoriedade de portar chuvasqueiro ou cortaventos en caso de bo tempo).

Recomendable:

  • Compás (1 por persoa ou grupo)
  • Mochila con algo de auga e comida.
  • Camiseta longa e mallas longas ou manguitos (para cubrir todo o corpo).
  • Á noitiña refresca, calquer percance pode facernos pasar un mal rato pola friaxe. Recoméndase levar roupa de abrigo polar ou softshell.
  • Botica de primeiros auxilios e pito de emerxencia.

O prazo para a inscrición neste evento rematou o mércores 26 de decembro

Máis información: