ActividadesNoticiasRocódromoSendeirismo

POIS AI IMOS, NOVA TEMPADA: TRAVESÍA EN UBIÑA E COSTA DA MORTE

Pouco a pouco imos recuperar o ritmo, despois deste caloroso verán, así que arrincamos cunha travesia (non é iniciación está claro) do macizo de Ubiña.

Dede León a  Asturias e volta.

Despois ese tramo da costa da morte impresionante dende Camelle a Camariñas, pasando por cabo Vilan

ROCODROMO:

Xa o dicía D.Quixote: Ladrán, logo nos cabalgamos!

Imos facendo un seguimento da obra, que moito nos da que o peche vai ser mais longo do que se preveia.

Pero hai cousas boas: unha canaleta no solo por se volver a meter auga, ou o cambio das vías de escalada.

Ademais andamos embarcados, por si acaso e ainda que non é noso, en protexer a estructura mentres esté destapado, para que todo o colectivo de usuari@s, poda desfrutar de él despois:

A ver como queda!