X ANDAINA COSTA ÁRTABRA 50 KM A PÉ DE FERROL (CON SABOR A DESPEDIDA)
O ano pasado estivemos a punto de pechar un ciclo, como fixo moita xente despois da pandemia, pero decidimos chegar á XXV edición dos 50 km de Ferrol, e décima edición da ruta Costa Artabra.Así pois aquí estamos despedindo como entidade mais lonxeva (claro que con 50 anos de historia dan moito de si), esta actividade que moveu uns cantos milleiros de camiñantes polo noroeste galego.
E non queríamos facelo sen deixar unha porta aberta, e de paso facilitar que viñera mais xente a este adeus.
Así que no avituallamento da comida en S.Xurxo, despois do bocata, aqueles que queiran poderán coller un bus que imos poñer para retornar o inicio, no pavillón da Malata. Eses 30 km serán máis accesibles para moitos participantes.
Se a experiencia é positiva para todos (camiñantes e organización), o ano que vén poderiamos facer os 30km da Costa Artabra…. irémolo vendo!

