ARREDOR DE ALFONSO PIÑÓN, FUNDADOR DO ALPINISTA ABRENTE (XOVES, 29 DE MAIO)
Convidámosvos a asistir á charla e proxección que ofrecerá o profesor e investigador Manolo González sobre a figura de Alfonso Piñón, tamén coñecido como Bernardino de Lamas. Piñón foi un home polifacético, gran camiñante, promoveu a creación do Grupo Alpinista Abrente nos anos 30 do pasado século, e na súa faceta creadora, deixou unha colección de filmacións, boa parte delas da nosa comarca.
A súa traxectoria vital quedou recollida no libro O cineísta andarengo: a propósito de Bernardino de Lamas, que Manolo González vén de publicar en Edicións Embora,
Será o vindeiro xoves, 29 de maio, ás 20.00 horas no Centro Cívico de Canido.


