NoticiasRutasSendeirismo

1 DE XANEIRO: A TOPE!

  Acompañados por un inmellorable tempo o de hoxe foi de petalo!

Mais de cen camiñantes foron ata Chamorro onde se fixo a foto de rigor, e dende alí por camiños pouco mollados, foise ata Valón e a S.Antonio de Cabana.

O local aberto grazas o noso grande amigo Fernando Coba, case non daba de si para a cantidade de enamorados dos callos, que neste caso, despois da xubilación do Gutiriz foron a cargo dos noso amigos do Choyo, na rúa San Carlos.

Non quedou un, ou sexa que pasaron ben a proba

E na recollida nos callos solidarios foron 318.33€, que sumados os 30€ dos crampons “solidarios” que vendimos en inverno, irán todo para Medicos Sen Fronteiras en Gaza, entendemos que o personal Sanitario é o que sempre ansiamos, o que lle aplaudiamos as 8 da tarde na pandemia,  cando nos teñan que rescatar, é inconcebible que vaian mais de 1000 asesinados nesa parte do mundo.

E todas as fotos no noso blog: