NoticiasSendeirismo

REMATANDO O ANO: queimalo turrón e algo mais

 Pois unha vez mais imos facer iso de queimalo turrón, dando un paseo polo fondo da ría.

Como sempre ,a s 17 Do día 26 estaremos repartindo o calendario do ano que ven , no entorno da pasarela do Albergue de Pelegrins de Neda para logo cruzar Neda, pasala ponte do tren ata o Couto e polo Camiño Ingles, voltar a Neda, despois de 7 kms, aproximadamente en 90 minutos.

Para o día 29 temos previsto ir pòla maña ata a lagoa da Frouxeira, e xunto con noso compa Alvaro, ver que fauna temos este ano por alí

O día 1 por suposto Marcha de Aninovo e callos!